domingo, 23 de mayo de 2010

A miña planta de laranxa lima

Hola a todos!!!
Lin este libro hai pouco e de verdade que me encantou. Se vos gustan as historias un pouco tristes, esta vaivos entusiasmar. É unha historia dun rapaz que sofre bastante polo tipo de vida que leva. Este é un libro moi ben escrito, que lle recomendo a todo lector. Por certo, non garantizo que non choredes algo con esta historia.

5 comentarios:

Ana S dijo...

O ano pasado, no clube de lectura, algúns dos membros leron o libro e, a verdade é que é moi bonito, malia que é moi triste. Recoméndollo a todo o mundo.

Raíña Lupa dijo...

Hai unha especie de acordo tácito da humanidade que nos leva a fuxir da tristura e a afastala sempre da beleza. O certo é que a tristeza forma parte da vida (seica por iso do equilibrio).O que máis me gustou a min deste libro foi o xeito do autor na combinación de beleza e tristura.

Cloe dijo...

A verdade é que o libro e moi fermoso, é tan fermoso, que, eu chorei moito mentres o estaba lendo.

Ana S dijo...

Eu tamén chorei co libro. Unha das escenas que máis me impactou ademais de outras moitas, foi o que lle aconteceu ó protagonista cando, con ilusión, estaba a traballar co seu globo. Como se lle pode facer al go malo a unha persona inocente? A un neno?
Foi un libro que me fixo reflexionar sobre a situación de moitos nenos no mundo.

carlota lameiro dijo...

eu chorei con este libro tamen.
cando segues a historia resultache case imposible non chorar se e triste xa que despois de saber todo o que lle sucede e todo polo que pasa,esperaste un final feliz, pero non chega. gustoume moito e foi un dos moitos libros que lin que me encantou.
leeriao mais veces porque creo que nunca e suficiente.......

Publicar un comentario