jueves, 21 de noviembre de 2013
Publicado por
Raíña Lupa
en
1:59
Etiquetas:
Arrugas,
club de lectura,
Engurras,
Paco Roca
0
comentarios
A nosa próxima lectura é:
"Arrugas" = "Engurras"
de Paco Roca
Astiberri, 2011- El Patito Editorial, 2012 | BD Novela gráfica
Teremos a reunión para comentalo o martes 14 de xaneiro de 15:15 a 16:15 h.
viernes, 4 de octubre de 2013
Publicado por
Raíña Lupa
en
3:21
Etiquetas:
animación á lectura,
club de lectura,
Manuel,
Rivas
0
comentarios
A nosa próxima lectura é:
"As voces baixas"
de Manuel Rivas
Ed. Xerais, 2012 | Narrativa
Teremos a reunión para comentalo o martes 5 de novembro de 15:15 a 16:15 h.
martes, 24 de septiembre de 2013
Se queres formar parte do Club de Lectura durante o curso 2013-2014, anótate na Biblioteca nun dos recreos. Axiña comezaremos coas xuntanzas, onde escolleremos un libro que leremos e comentaremos, poñendo en común as nosas opinións.
A primeira reunión será o mércores 2 de outubro no segundo recreo na sala de exposicións ( ao lado da cafetería).
lunes, 22 de abril de 2013
Publicado por
Raíña Lupa
en
2:34
Etiquetas:
certames,
concursos,
creación literaria,
escritura,
relato breve
0
comentarios
Gústache escribir? Imaxinaches algunha historia que queres plasmar no papel? Dende a biblioteca do centro organízase un concurso de relato breve dirixido a alumnos e alumnas do centro. Hai varios premios para os gañadores e a publicación dos relatos premiados na revista dixital do centro está asegurada.
Si estás interesado, sigue lendo as bases de participación despois do salto...
Publicado por
Raíña Lupa
en
2:01
Etiquetas:
Andrea Ferrari,
Aunque diga flores,
club de lectura,
lecturas
0
comentarios
"Aunque diga fresas"
de Andrea Ferrari
Ed. SM, 2009 | Los libros de Andrea / Gran Angular
Teremos a reunión para comentalo o martes 18 de xuño
domingo, 17 de marzo de 2013
Se non tivéchedes a oportunidade de ir ao cine a ver o musical "Les Misérables", aquí atoparedes algunhas das cancións máis significativas. É unha película que realmente merece a pena ver e que non vos deixará indiferentes! Eu estarei agardando a que poñan á venda o DVD (gustoume tanto, que podería ver a película tódalas semanas).
"Castle on a cloud"
"Do you hear the people sing?"
"On my own"
"I dreamed a dream"
"Grandes esperanzas", novela do inglés Charles Dickens, conta cunha nova versión cinematográfica.
A película será estreada a finais do mes de marzo. Non vos esquezades de ir a vela!
Reportaxe no xornal La Voz de Galicia:
"Anna Karenina", a tan coñecida novela do autor ruso León Tólstoi chega aos cines.
Déixovos un enlace dunha reportaxe sobre a película que aparece no xornal La Voz de Galicia. Eu xa fun a ver "Anna Karenina" ao cine e a verdade é que me encantou. A fotografía é realmente impresionante, os decorados, a música, o son, a vestimenta e a forza de Anna Karenina, personaxe que encarna a actriz Keira Knightley.
Descubre como se fixo a película:
lunes, 25 de febrero de 2013
Publicado por
Raíña Lupa
en
1:35
Etiquetas:
animación á lectura,
club de lectura,
Eric-Emmanuel Schmitt,
O,
Señor Ibrahim e as flores do Corán
1 comentarios
A nosa próxima lectura é:
"O señor Ibrahim e as flores do Corán"
de Eric-Emmanuel Schmitt
Tradución: Emma Lázare Rodríguez
Tradución: Emma Lázare Rodríguez
Ed. Faktoría K de libros, 2007 | Narrativa
Teremos a reunión para comentalo o martes 9 de abril
sábado, 9 de febrero de 2013
Ola amigas e amigos! Aproveitando a mañá do sábado, lin unha novela gráfica que se titula "O coche de Intisar" e que collín na biblioteca do centro. A súa protagonista chámase Intisar e é unha moza de Yemen que traballa como anestesista nun hospital. Esta apaixoante moza permítenos coñecer máis de cerca a realidade das mulleres nun país feito por e para os homes. Ao final da novela, o autor achega máis información sobre Yemen, país no que residiu xunto coa súa muller durante un ano.
Ao final do Entroido devolverei o libro, así que se vos apetece coñecer a Intisar, achegádevos á biblioteca!
Aquí podedes atopar máis información sobre a novela e os seus creadores
viernes, 18 de enero de 2013
A nosa próxima lectura deste curso é:
"La sonrisa de las mujeres"
de Nicolas Barreau
Teremos a reunión para comentalo o martes 19 de febreiro
martes, 15 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)