jueves, 21 de noviembre de 2013

"Arrugas" = "Engurras" de Paco Roca, próxima lectura do club

A nosa próxima lectura é:


"Arrugas" = "Engurras"

de Paco Roca
Astiberri, 2011- El Patito Editorial, 2012 | BD Novela gráfica
Teremos a reunión para comentalo o martes 14 de xaneiro de 15:15 a 16:15 h.


A obra:

O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurrasconta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema.
Fonte: El Patito Editorial


Enlace de interese:  Blog de Paco Roca. Arrugas


0 comentarios:

Publicar un comentario