viernes, 14 de octubre de 2011

Primeira lectura do Club:
Diario de Ana Frank: La biografía gráfica

O primeiro libro que imos ler é unha versión en novela gráfica do Diario de Ana Frank.

Tedes catro exemplares na Biblioteca que podedes coller de xeito organizado. Próximamente poñeremos a data de xuntanza para comentar a lectura.


Como complemento da lectura, podedes visitar a páxina oficial de Ana Frank na seguinte ligazón:

http://www.annefrank.org/es/


jueves, 13 de octubre de 2011

Club de lectura 2011-2012

Ola a todos e todas!
 O club de lectura comeza de novo! A todas as  persoas que xa formabades parte del no curso anterior  agradecémosvos  que sigades con nós, e ás persoas que vos  incorporades  este curso dámosvos  a benvida.

Unha lembranza moi especial para Ana Souto Villanustre, a nosa principal colaboradora do blog. Grazas, Ana, por seguir con nós na distancia. O teu blog é moi atractivo e interesante;  xa vemos que estás  a aproveitar a "experiencia americana". Imos botar de menos a túa presenza nas nosas xuntanzas, aínda que podes deixarnos neste blog os teus comentarios sempre que teñas tempo. Aquí saberás os libros que imos lendo e as datas nas que nos xuntaremos para os nosos coloquios. Gardámosche a "praza" para o vindeiro curso. ¡Moita sorte!