sábado, 9 de febrero de 2013
Ola amigas e amigos! Aproveitando a mañá do sábado, lin unha novela gráfica que se titula "O coche de Intisar" e que collín na biblioteca do centro. A súa protagonista chámase Intisar e é unha moza de Yemen que traballa como anestesista nun hospital. Esta apaixoante moza permítenos coñecer máis de cerca a realidade das mulleres nun país feito por e para os homes. Ao final da novela, o autor achega máis información sobre Yemen, país no que residiu xunto coa súa muller durante un ano.
Ao final do Entroido devolverei o libro, así que se vos apetece coñecer a Intisar, achegádevos á biblioteca!
Aquí podedes atopar máis información sobre a novela e os seus creadores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario