sábado, 1 de mayo de 2010
Publicado por
Ana S
en
23:33
Etiquetas:
Corazón de tinta,
Cornelia Funke,
El señor de los ladrones,
escritora alemana,
fantasía,
Las Gallinas Locas
Esta é Cornelia Funke, unha escritora alemá á que moitos de vós coñeceredes porque escribiu unha triloxía de fama mundial.
Se picades nos títulos en lanranxa dos seus libros, accederedes á información sobre o seu argumento. Facede a proba!
É a creadora de Corazón de tinta, Sangue de tinta e Morte de tinta. Algúns de vós ao mellor vistes a película basada no primeiro libro, pero eu recoméndovos que vos animedes a lelo. Eu só lin o primeiro da saga, pero gustoume moito. Está cheo de maxia e fantasía, iredes a mundos nos que nunca estivéchedes e coñeceredes a moitos personaxes dos que nunca escoitarades falar.
Ademais destes libros dos que vos estou a falar, Cornelia escribiu "El señor de los ladrones" que ten lugar na cidade italiana de Venecia.
Las Gallinas Locas tamén son obra desta autora; trátase dunha colección de libros sobre un grupo de amigas que se fan chamar as galiñas tolas. Estes últimos libros tratan das súas aventuras e da súa "amizade" cun grupo de rapaces. Así que xa sabedes, non só tendes por que ler estes libros dos que vos falei, podedes visitar a páxina e saber máis dos libros que escribiu, así como do seu tema e argumento. Ata tedes a opción de ver que libros foron traducidos ao español e veredes que editoriais os venden, polo que vos será máis doado conseguilos no caso de que queirades lelos.
Na páxina atoparedes...
-Pequena biografía da escritora (vida, premios, libros...)
-Noticias sobre a escritora
-Contos que rapazes coma nós queren compartir cos demais
-Obra da escritora
-Obra da escritora
-Teatro
-Fotos
-Facer suxerencias e preguntas
-Ata podedes conseguir a súa dirección e enviarlle cartas, debuxos...
Visitádea!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario