domingo, 2 de mayo de 2010

"Las Cenizas de Ángela" e "Lo es" de Frank McCourt

Ola amigos e amigas! Hoxe gustaríame falarvos de dous libros moi especiais para min, que lin o curso pasado e dos que a miña nai xa me tiña falado. Trátase de dous libros sobre a vida do autor e. sobre todo, da súa dura infancia, nunha Irlanda e nunha América moi distintos ás de agora. Estou a falar de "Las cenizas de Ángela" e de "Lo es" escritos por Frank McCourt, falecido o pasado verán. Trátase dun libro estupendo, que me encantou e me fixo pensar en como era a vida no pasado e en como puideron chegar incluso a vivir os nosos antepasados e os nosos avós. Non debemos deixar de lado o pasado por moi malo que sexa, non debemos apartarnos dunha realidade que debemos asumir. Animádevos e lédeo, gustaravos. Iso si, hai partes que son un tanto duras, debido á situación na que vive Frank e a súa familia, e sobre todo, debido a certas actitudes que adopta o pai. Malia iso, creo que deberiades facer a proba e ler, polo menos, o primeiro. Ademais destes dous libros, escribiu outra novela autobiográfica que relata as súas vivencias como profesor nun instituto. A novela da que estou a falar chámase "El profesor" a cal tamén vos recomendo.

Se picades no nome do libro, accederedes a unha páxina onde atoparedes máis cousas sobre o tema do que trata.
Se queredes saber máis acerca do escritor das novelas autobiogáficas...

0 comentarios:

Publicar un comentario