miércoles, 10 de noviembre de 2010

Primeira reunión do Club de lectura

A primeira reunión do club de lectura para comentar “El baile” será o martes 30 de novembro de 3:15 a 4:15 da tarde.

jueves, 28 de octubre de 2010

A nosa primeira lectura deste curso

El baile de Iréne Némirovsky
Ed. Salamandra

(Tedes 5 exemplares na Biblioteca para coller en préstamo)

miércoles, 6 de octubre de 2010

Convidámoste ao noso club!!

Se queres formar parte do Club de Lectura Raíña Lupa do IES de Brión durante o curso 2010-2011, anótate na Biblioteca nun recreo (fala con Armando).
Teremos a primeira xuntanza o venres 15 de outubro no 2º recreo na aula de 2ºA (no corredor da saída ao patio).

domingo, 15 de agosto de 2010

Campos de fresas

Como é verán e seguro que tedes moito tempo libre, gustariame recomendarvos un libro
que lin fai pouco. Titúlase "Campos de amorodos", do escritor barcelonés Jordi Sierra i Fabra.
Está relacionado co mundo das drogas entre mozos da nosa idade.

Espero que vos guste!
Disfrutade do verán.

lunes, 28 de junio de 2010

OK, señor Foster


OK, SEÑOR FOSTER DE ELIACER CANSINO

Ola amigos e amigas! Como o verán xa está aquí e seguro que tedes algún oco para ler, gustariame facervos unha recomendación. Este fin de semana lin un libro que me gustou moito e me causou unha moi boa impresión. O seu final é moi bonito e desfrutei coa lectura dunha novela que ten como protagonista a un neno que se chama Perico Mosca. Convídovos a que o coñezades e descubrades con el os segredos de Umbría. Coñeceredes a Ismael e ó señor Foster! Animádevos!!

miércoles, 23 de junio de 2010

Concurso "Crea tus textos" de Coca-Cola

EN QUE CONSISTE?
No concurso Crea tus textos, aqueles que formaron parte do concurso tiveron que participar nun taller, que é o principal e obligatorio para todos. Chámase "¿Sabes qué le gusta? Dime cómo es". Consiste en que cada persoa ten que crear un personaxe, falando dos seus gustos musicais, literarios...Unha vez escrito, é publicado e o resto de participantes poden crear un final para o relato. A parte de describir ó personaxe, cada persoa debe acompañar o seu relato de tres palabras reto, palabras que os participantes que fagan o final do relato deberán empregar. Ademais deste taller principal, cada mes había un diferente.
CALES SON OS PREMIOS?
Hai dous premios por taller de cada mes e, en canto á actividade principal, a que consistía en crear a un personaxe, hai 17 premios, é dicir, un por cada Comunidade Autónoma.
Eu participei no concurso e tiven a sorte de gañar o premio polo relato prinicipal, no que describo e dou vida a un personaxe. Así pois, gustariame compartir o relato con todos vós e espero que vos guste. Como está feito para que alguén faga un final, invítovos e anímovos a que rematedes o meu relato. Titúlase "Canción de una utopía".

CANCIÓN DE UNA UTOPÍA

Todo estaba bañado por la oscuridad y, María, acurrucada en una esquina, tenía frío y se sentía muy sola. Una dulce melodía llegaba a sus oídos y evocaba las noches de concierto. Las luces y flores, los trajes elegantes y la alegría, en armonía con la música, que se escapaba traviesa por entre las teclas del piano; el contacto con los amantes de la música , el compartir sentimientos y secretos, que volaban con las notas, habían desaparecido. Lágrimas de cristal rodaban por las mejillas de porcelana de la joven pianista y la noche envolvía su delicado cuerpo.
Como en una novela de terror, los peligros nocturnos acechaban a la joven. Pero no se trataba de una novela negra, no, era más que aquello. Las lágrimas de la muchacha, su rostro surcado por el dolor, el terror y el miedo, expresaban algo muy profundo. Ella, que desde pequeña se había sentido arropada por la música, que creía que la iba a proteger, se había equivocado. Su inocencia, el amor y ternura que destilaba hacia todos, la habían cegado. Ahora no tenía un libro entre sus manos para esconderse entre sus páginas y poder olvidar. Aquello no podía seguir durando mucho tiempo, ya no encontraría en ellos la seguridad y calidez que necesitaba.
Tendría que ir más allá de la música y de los libros que tanto adoraba y había amado durante su infancia, tendría que enfrentarse ella sola.

Palabras reto: amor, fuerza, culpabilidad

Houbo unha persoa que escribiu un final para o meu relato, pero a verdade e que non me agrada nada. Se tedes curiosidade e queredes lelo, podedes facelo picando na frase seguinte:

FINAL DO RELATO

martes, 22 de junio de 2010

Bo verán a todos!


Ola de novo! Desexo que todos e todas pasedes un bo verán e gocedes das tan ansiadas vacacións. Foi un pracer compartir lecturas e películas con vós.

Espero que nos vexamos no vindeiro curso e...
non vos esquezades que durante o verán o blog segue activo!

Persépolis


Ola amigos e amigas! O pasado luns, algúns membros do club de lectura reunímonos para ver a película "Persépolis" que está baseada na banda deseñada que lemos hai pouco.

Eu non lera todo o libro, polo que descubrín cousas novas sobre a protagonista, unha nena, que se converte en muller e que vive en primeira persoa unha inxusta e cruel guerra.

A película fíxome meditar sobre a situación da muller e da liberdade en Irán. Creo que somos moi afortunados por vivir no país que vivimos e, sobre todo, por ser libres. Na miña opinión, debemos valorar moito máis a nosa forma de vida, posto que moitas veces queixámonos por cousas que carecen de importancia, cando hai outros que non gozan do fundamental para vivir: a  liberdade.

Este verán teño gañas de ler o libro "Persépolis" e, os que non víchedes a película, animádevos. Ademais, creo que a podedes atopar na biblioteca do centro. Non perdades a oportunidade!!


martes, 15 de junio de 2010

Concurso de Autobibliografía. Xa temos gañadora!

O xurado do concurso outorgou o PRIMEIRO PREMIO a:
ANA SOUTO VILLANUSTRE (alumna de 3º A)
Parabéns!!

sábado, 12 de junio de 2010

Proposta para o noso club de lectura


Ola a todos! Teño unha proposta para o noso club de lectura. Ademais de ler libros ou ver películas relacionadas con eles, creo que sería interesante levar a cabo algún outro tipo de actividades, por suposto, voluntarias. Estas son algunhas das cousas nas que pensei:

- Aqueles que queiran, poden facer debuxos de libros que leran e poden colgarse no tablón do club de lectura ou mesmo buscar outro lugar onde colgalos.

- Ter un tablón onde colgar recomendacións de libros, orientado tamén ó resto de alumnos do instituto. Por exemplo, podemos imprimir a portada dun libro e colgalo xunto co seu título ou incluso un pequeno resumo.

Que opindades vós? Creo que o poderiamos facer a comezos de curso, cando non teñamos exames.

Entrevistando a Laura Gallego García...


Entrevista a Laura Gallego García en Idhun.net

Descubre máis acerca da escritora. Accede á entrevista a través da foto da escritora valenciana.

Web para os fans de Laura Gallego García


Hoxe descubrín unha páxina dedicada a Laura Gallego García e aos seus libros. A verdade é que me causou moi boa impresión e sen querer, descubrín algo moi interesante. Na parte superior da páxina, están os libros de Laura Gallego. Se picades nun deles, accederedes automáticamente á información sobre ese libro.


Se sodes fans desta escritora, esta é a vosa web!

Picade na caricatura da escritora e votade a andar a vosa curiosidade!


Animádevos.

"Dos velas para el diablo", nova portada


"Dos velas para el diablo" de Laura Gallego García estrea unha nova portada. Para máis información, picade na foto do libro e se aínda non o léchedes, animádevos! É fantástico!

martes, 8 de junio de 2010

A evolución de Calpurnia Tate


Ola amigos! Hoxe regaláronme un libro que ten moi boa pinta e que eu tiña moitas gañas de ler. Titúlase "A evolución de Calpurnia Tate". Vouno comezar, así que xa vos contarei! Ata pronto!

miércoles, 2 de junio de 2010

Sara y las goleadoras


Ola a todos e a todas!!!

Pode que xa coñezades a colección de libros sobre un equipo de fútbol feminino que publicou Laura Gallego García. O 25 de maio saíu ao  mercado o quinto libro. Se aínda non leches ningún, esta é a túa oportunidade. Anímate!!
Podes visitar a web sobre a colección, unha páxina dedicada por completo a "Sara y las goleadoras" onde atoparedes curiosidades, o tema do que trata cada un dos libros, novidades, concursos... Tamén podedes atopar información de interese na páxina de Laura Gallego García.
http://www.saraylasgoleadoras.com/ --> podedes acceder a esta web dende a páxina da autora


domingo, 30 de mayo de 2010

ESCOITAR POESÍA

Se hai un xénero literario que pide oralidade, ese é a poesía. Un poema recitado fai renacer a emoción que o seu creador ou creadora puxo na composición. Se ademais a voz que escoitamos é a do propio poeta lendo os seus versos, non é posible dicir: A poesía non me gusta.Poderase dicir: Este poema -ou poeta- non me gusta, pero nalgunha opción ten que estar o voso poema, ese que vos faga participar da emoción que o fixo nacer.
Dúas recomendacións: León Felipe (por pouco coñecido e inxustamente esquecido) e o entrañable e inesquecible Mario Benedetti.

¡FELIZ BUSCA EN   http://www.palabravirtual.com/ !

domingo, 23 de mayo de 2010

A miña planta de laranxa lima

Hola a todos!!!
Lin este libro hai pouco e de verdade que me encantou. Se vos gustan as historias un pouco tristes, esta vaivos entusiasmar. É unha historia dun rapaz que sofre bastante polo tipo de vida que leva. Este é un libro moi ben escrito, que lle recomendo a todo lector. Por certo, non garantizo que non choredes algo con esta historia.

viernes, 21 de mayo de 2010

Grandes esperanzas de Charles Dickens

¡Hola! Escribo para recomendaros un libro del famoso Charles Dickens: Grandes Esperanzas. A mí me gustó mucho y creo que es muy entretenido.
El libro trata de Pip, un niño huérfano y pobre que vive con su hermana y su marido. Un día un benefactor cambia su vida, Pip deja de ser un niño huérfano para ser un caballero rico. Una novela muy hermosa que trata sobre cómo el  protagonista se convierte en caballero. Mientras la lees, vas descubriendo Londres en 1860.

viernes, 14 de mayo de 2010

Cando se publicará o cuarto libro da saga do Legado?

Canto tempo! Ola a todos e a todas! Hoxe escribo porque quero preguntarvos unha cousa.
Seguro que moitos de vós léchedes os tres libros da saga do Legado. Como sabedes, o cuarto está por saír e a miña pregunta é se algún de vós sabe a data na que se publicará. Xa llo teño preguntado a outras persoas, pero tampouco o sabían.
Alguén de vós pode resolver a miña dúbida?
Hai tempo que lin os tres primeiros libros da saga e tiña moitas ganas de saber como remata. O único que sei ata o de agora é que a portada do libro será en verde e que terá un dragón de cor esmeralda.
Un saúdo e ata pronto!

lunes, 3 de mayo de 2010

Adentrándose no mundo de Sherlcok Holmes

Seguro que coñecedes a Sherlock Holmes e ao seu famoso e peculiar compañeiro Watson. Probablemente léchedes algún dos libros escritos por Conan Doyle, pero eu hoxe quérovos recomendar un dos que máis me gustou dos que lin ata o de agora: O can dos Basckerville.
Foi o primeiro libro que lin da colección e foi o que máis me gustou dos 3 que xa lin sobre as aventuras e os misterios de Sherlock Holmes. Así que, se tiñades pensado ler algún libro de Sherlock Holmes, escollede "O can dos Basckerville, non vos arrepentiredes!

Léchedes "A praia dos afogados"? Recomendádelo?

Ola a todos! Podedes axudarme? O curso pasado lin o libro "Ollos de auga" e hai tempo dixéronme que o escritor da novela publicara unha nova, protagonizada por algúns dos personaxes do libro "Ollos de auga", malia non ser unha continuación do mesmo. Así pois, se algún de vós leu "A praia dos afogados", que é o último libro que publicou Domingo Villar, gustariame que me derades a vosa opinión e saber se mo recomendariades.
Teño ganas de lelo, pero primeiro prefiro saber se vos gustou.
Espero polo voso consello!

"La mujer que escribió la Biblia" de Moacyr Scliar

Ola amigos e amigas! Hoxe lembrei un libro que lin o pasado verán e que me gustou moito. Trátase do libro "La mujer que escribió la Biblia" de Moacyr Scliar.

Hace mucho tiempo, en un país lejano, vivió una mujer sin nombre, sin riquezas, sin amistades, sin amor. Y también era la mujer más fea sobre la Tierra. Pero tenía una cualidad: era la única que sabía leer y escribir. Moacyr Scliar, en la actualidad uno de los más sobresalientes escritores brasileños, nos ofrece en esta novela lo mejor de la fantasía, el humor y la sátira. La mujer que escribió la Biblia, es un delicioso paseo por la vida cotidiana del Jerusalén en tiempos de Salomón y la reina de Saba.
É un libro que me encantou e que vos recomendo a todos vós.
Máis información acerca do escritor e do libro...

domingo, 2 de mayo de 2010

Mergulládevos no mundo da literatura...

Descubrín unha nova páxina!!!

Aquí vai outra páxina web sobre literatura, pero é diferente ao resto das que xa vos falei. Neste caso somos nós os que podemos colgar poemas, contos e relatos para que outros os lean. Aínda que non vos interese publicar contos que vós creáchedes, si podedes ler poemas e historias que outros escribiron. Creo que é algo interesante e que vos pode gustar, aínda que só sexa por botarlle unha ollada e saber en que consiste. Buscando páxinas sobre libros e literatura, blogs semellantes aos nosos, atopeina e pareceume unha boa idea ler algún dos contos e dos poemas colgados, así que agora tócavos a vós!


http://escritoresylectores.com/

Mergulládevos no mundo da literatura, un luger aberto a todos, onde poderedes soñar e disfrutar.

Lecturalia, o recuncho dos libros


Ola de novo! Acabo de descubrir unha nova páxina onde atoparedes información sobre libros, estou a falar de "Lecturalia", unha rede sobre literatura. Podedes botarlle unha ollada. Eu case non coñezo esta web, pero cando hoxe accedín a ela por primeira vez, causoume boa sensación. A ver que opinades vós!

http://www.lecturalia.com/

"Las Cenizas de Ángela" e "Lo es" de Frank McCourt

Ola amigos e amigas! Hoxe gustaríame falarvos de dous libros moi especiais para min, que lin o curso pasado e dos que a miña nai xa me tiña falado. Trátase de dous libros sobre a vida do autor e. sobre todo, da súa dura infancia, nunha Irlanda e nunha América moi distintos ás de agora. Estou a falar de "Las cenizas de Ángela" e de "Lo es" escritos por Frank McCourt, falecido o pasado verán. Trátase dun libro estupendo, que me encantou e me fixo pensar en como era a vida no pasado e en como puideron chegar incluso a vivir os nosos antepasados e os nosos avós. Non debemos deixar de lado o pasado por moi malo que sexa, non debemos apartarnos dunha realidade que debemos asumir. Animádevos e lédeo, gustaravos. Iso si, hai partes que son un tanto duras, debido á situación na que vive Frank e a súa familia, e sobre todo, debido a certas actitudes que adopta o pai. Malia iso, creo que deberiades facer a proba e ler, polo menos, o primeiro. Ademais destes dous libros, escribiu outra novela autobiográfica que relata as súas vivencias como profesor nun instituto. A novela da que estou a falar chámase "El profesor" a cal tamén vos recomendo.

Se picades no nome do libro, accederedes a unha páxina onde atoparedes máis cousas sobre o tema do que trata.
Se queredes saber máis acerca do escritor das novelas autobiogáficas...

sábado, 1 de mayo de 2010

Descubride a Cornelia Funke

Esta é Cornelia Funke, unha escritora alemá á que moitos de vós coñeceredes porque escribiu unha triloxía de fama mundial.
Se picades nos títulos en lanranxa dos seus libros, accederedes á información sobre o seu argumento. Facede a proba!

É a creadora de Corazón de tinta, Sangue de tinta e Morte de tinta. Algúns de vós ao mellor vistes a película basada no primeiro libro, pero eu recoméndovos que vos animedes a lelo. Eu só lin o primeiro da saga, pero gustoume moito. Está cheo de maxia e fantasía, iredes a mundos nos que nunca estivéchedes e coñeceredes a moitos personaxes dos que nunca escoitarades falar.

Ademais destes libros dos que vos estou a falar, Cornelia escribiu "El señor de los ladrones" que ten lugar na cidade italiana de Venecia.

Las Gallinas Locas tamén son obra desta autora; trátase dunha colección de libros sobre un grupo de amigas que se fan chamar as galiñas tolas. Estes últimos libros tratan das súas aventuras e da súa "amizade" cun grupo de rapaces. Así que xa sabedes, non só tendes por que ler estes libros dos que vos falei, podedes visitar a páxina e saber máis dos libros que escribiu, así como do seu tema e argumento. Ata tedes a opción de ver que libros foron traducidos ao español e veredes que editoriais os venden, polo que vos será máis doado conseguilos no caso de que queirades lelos.

Na páxina atoparedes...

-Pequena biografía da escritora (vida, premios, libros...)
-Noticias sobre a escritora
-Contos que rapazes coma nós queren compartir cos demais
-Obra da escritora
-Teatro
-Fotos
-Facer suxerencias e preguntas
-Ata podedes conseguir a súa dirección e enviarlle cartas, debuxos...

Visitádea!!!

El sueño de Frankie, un libro que vos fará soñar

"Papá seguramente me mataría si supiese que me he comprado un cuaderno y que estoy escribiendo todo esto, y también lo haría mi hermano Damo. Pero llevo una historia dentro de mí que tengo que contar...


...Quiero escribir sobre Frankie, y algo me dice que voy a necesitar algo más que el cuaderno de ejercicios que he comprado en el estanco de Pillar. Francesca Diana Bradley, ese era el nombre completo de Frankie. Entró en mi vida sin previo aviso ni invitación alguna y acabó siendo mi mejor amiga".

Seguramente, cando remates de ler esta historia, intentarás facer realidade todos os teus soños...
Non vos desvelarei nada máis sobre o libro, tan só vos invito a que coñezades a Frankie e á súa mellor amiga, esa que agora está a escribir un caderno, a que vos guiará ao longo do relato.

Foi un libro que me gustou moito e co que experimentei distintas sensacións e sentimentos, lédeo! Merece a pena, sen dúbida que a merece.

Un libro magnífico!

Un saco de canicas, a lei da supervivencia

Os libros baseados na Segunda Guerra Mundial e que tratan sobre o Holocausto, son uns dos meus favoritos. O último que lin sobre o tema chámase "Un saco de canicas" e creo que deberiades lelo, pois está moi ben e mostra como uns nenos viviron aquela dura realidade. Está baseado nun feito real e gocei coa súa lectura. Este libro foi escrito por Joseph Joffo.

"El peluquero Joffo, un honrado judío establecido en París ocupado por los nazis, decide dispersar a su familia para evitar el cruel y posible destino que les espera. Sus hijos, Joseph (el autor de esta obra) y Maurice, tienen, a sus diez y doce años, que sobrevivir solos en un universo desquiciado, en el que la barbarie, la amistad, la picaresca y, sobre todo, el miedo imponen una sola ley: la supervivencia".


Joseph Joffo naceu en París en 1931, onde o seu pai traballaba como perruqueiro. Del aprendeu o oficio, ao igual que os seus irmáns. Os únicos estudos que realizou na súa vida foron os da escola primaria. No ano 1971 tivo un accidente de esquí que o deixou inmobilizado. Para divertirse, comezou a escribir os seus recordos de infancia e dous anos despois, Un saco de canicas convertiuse nun best seller e foi traducido a 18 idiomas, ademais de ser adaptado ao cine. Escribiu contos para nenos e outras novelas.
Se queredes saber un pouco máis do autor da novela...

Biblioteca Ánxel Casal, faite socio!

Ola a todos! Gustariame facervos unha recomendación. Se vos fascina ler e vos gusta coller libros prestados na biblioteca, a de Santiago de Compostela, é a perfecta. Trátase dunha biblioteca grande, onde poderedes atopar diversidade de libros e banda deseñada, así coma libros de consulta, enciclopedias... Se queredes, podedes ler nas diferentes plantas que conforman o edificio e, o mellor de todo e que podedes coller emprestados ata 5 libros!! O único que tendes que facer é ir á páxina da biblioteca e, seguindo as instruccións, facervos socios. Descubride máis acerca dela e de todo o que vos oferta. Eu xa son socia dende hai un tempo, por que non vos animades vós tamén?
Este é o link da páxina web:

viernes, 30 de abril de 2010

Magia de una noche de verano, de Maite Carranza


"Magia de una noche de verano" foi un dos libros que merquei nas pasadas Letras Galegas e gocei coa súa lectura. Foi escrito por Maite Carranza, da que xa vos falei. Gran parte da historia ten lugar en Irlanda, onde a protagonista está convivindo cunha familia, pois está participando nun Intercambio de verán. Non vos quero desvelar nada do libro, creo que é mellor que o descubrades vós mesmos. Aqueles ós que vos guste a fantasía, a maxia e a intriga, encantaravos.





Animádevos e lédeo!!

El Clan de la loba de Maite Carranza

"La Guerra de las Brujas" é unha saga de libros que escribiu unha escritora que se chama Carmen Carranza. A primeira parte é "El Clan de la loba" e é o único que lin ata agora. Este libro gustoume moito, así que recoméndovolo a todos vós.

"Desde tiempos inmemoriales, los clanes de las brujas Omar han vivido ocultándose de las sanguinarias brujas Odish, esperando la llegada de la elegida por la profecía. Ahora los astros confirman que el tiempo está próximo. Anaíd, que ha vivido durante 14 años en un pueblo de los Pirineos, desconoce los secretos que atañen a las mujeres de su familia..."

Non vou desvelar máis cousas do libro, se queres coñecer de cerca a Anaíd e o seu sgredo, anímate e le o libro. Gustarache!
Se queres coñecer os outros libros da saga, visita esta páxina, atoparás cousas sobre a escritora e sobre outros libros que escribiu. Esta web é moi orixinal e gustaravos, visitádea!

Agustín Fernández Paz


Vouvos falar de Agustín Fernández Paz, ao que xa coñecedes do ano pasado, cando lemos no club de lectura un dos seus libros. Trátase dun dos meus escritores galegos favoritos, pois os seus libros parécenme moi interesantes e gústame o xeito no que escribe. Algúns dos libros que lin son os seguintes, desta maneira, podo recomendárvolos e animarvos a que os leades. Cada un deles é totalmente diferente, algúns dos libros están formados por un conxunto de relatos relacionados entre si, coma o que lemos o curso pasado.
Se picades nos títulos dos libros, atoparedes máis información sobre eles:


Contos por palabras

Trece anos de Branca
Amor dos quince anos, Marilyn
Cartas de inverno
Aire negro
No corazón do bosque (foi o primeiro libro que lin deste escritor, merqueino no Día das Letras Galegas cando era máis pequena e gocei lendo e formando parte da propia historia).
Noite de voraces sombras
As flores radioactivas

A pesar de que todos os libros me gustaron, os meus prefiridos son Cartas de inverno, Noite de voraces sombras e Aire negro. Son libros que enganchan e que poden chegar a dar medo, un medo que te atrapa e que fai que non poidas deixar de ler por saber o que vai a pasar.

Hoxe, xa que vos quería falar deste escritor, atopei a súa páxina web, onde veredes os seus libros e atoparedes cousas interesantes do escritor. Se picades na súa obra, podedes ler de que tratan cada un dos seus libros. Hai moita información que vos pode interesar!! Pronto falareivos dos seus libros.


O link é este: http://www.filix.org/ranholas/agustin.html

Fina Casalderrey



Esta é Fina Casalderrey, a miña escritora galega preferida. O ano pasado tiven a sorte de coñecela nun concurso de relatos curtos, a onde foi a animarnos e falou con nós. Lin moitos libros dela e todos eles gustáronme por igual. Buscando información dela pola Internet descubrín que tiña unha páxina web, así podedes botarlle unha ollada aos libros que publicou ata o de agora. Eu recoméndovos estes, pois foron os que lin:



Sobrevives?
O misterio do cemiterio vello
Mutacións xenéticas (este libro encantoume, enganchei dende o comezo)
Lúas de nácara (trátase dun libro formado por un conxunto de relatos)

Asústate Merche!
A Pomba e o Degolado
Prohibido casar, papá!
Algúns dos seus libros foron traducidos ao castelán, asturiano, euskera, portugués, catalán e incluso ao brasileiro. A páxina podédela ler tanto en galego coma en castelán e ata tedes a oportunidade de enviarlle un correo e poñervos en contacto coa escritora (consultar dúbidas...).
Moitos dos libros dos que falei atoparédelos na biblioteca do centro, alí foi onde collín prestados moitos deles. Merece a pena lelos.

Rede social de recomendación literaria: Librofilia


Se vos apasiona o mundo dos libros "Librofilia" é perfecta para vós. Trátase dunha rede social de recomendación literararia onde podedes colgar fotos e comentarios de libros que vos gusten, facer críticas doutros, participar en foros e descubrir  os últimos libros no mercado. Tamén podedes darlle unha votación a cada libro. Podedes botarlle unha ollada:


Coñece a "El pie de Jaipur" de Javier Moro


Gustariame falarvos dun libro que me gustou moito e que lin o curso pasado. Estou a falar do libro "El pie de Jaipur" que me fixo meditar e pensar sobre temas que aparecen no libro e que están presentes na vida real. O que me gustou do libro, ademais de outras moitas cousas, foi que estivese baseado nun feito real, o que me fixo sentirme máis unida ao protagonista. Neste libro vese cómo un é capaz de superarse a si mesmo e que hai cousas boas na vida, cousas que te atan a vivir, a pesar de estar a sufrir e pasándoo mal. É un libro que todos deberían ler e daríanse conta do afortunados que son. Recoméndovos este libro e sen dúbida, gozaredes coa súa lectura. O escritor do libro é Javier Moro. Se queredes saber máis sobre el e os seus libros, o único que tendes que facer é acceder á súa páxina a través deste link:
Poderedes ler críticas do libro e saber máis sobre o seu argumento.

Visita a web de Laura Gallego García!


Ola a todos e a todas! Gustariame compartir con todos vós a páxina dunha das escritoras que máis me gusta: Laura Gallego García. Supoño que algúns de vós xa a coñecedes. Descubrín esta páxina hai moito tempo, así que os que queirades saber máis sobre a escritora e os seus libros, agora tedes a oportunidade de acceder á súa páxina. Alí atoparedes:

- Cales son os seus libros
- Libros que non publicou e podedes descargar
- Lugares aos que vai  ir e firmas de libros que fará
- Ver debuxos que rapaces e rapazas lle envían por correo e que amosan os personaxes aos que Laura lles deu vida.
- Acceder a concursos que ela organiza
- Incluso podedes saber cal é a súa dirección a mandarlle cartas!!
- A páxina está en diferentes linguas: español, alemán, francés e inglés.

... e moito máis!

Animádevos e visitádea!

Este é o link: http://lauragallego.com/

viernes, 23 de abril de 2010

Estamos de estrea!

Hoxe, Día do Libro, estreamos o blog do noso club de lectura. Non é que calquera día non sexa bo para falar da lectura ou de libros, pero o 23 de abril é unha data fácil de lembrar para todas as persoas que non imaxinamos unha boa vida sen ler.
Damos a benvida a todas e todos os que nos leades e desexamos que os nosos comentarios vos sirvan para aumentar a vosa afección á lectura.
Eu sempre celebro este día cun libro novo mercado para a ocasión. Este ano é "Contra el viento", de Ángeles Caso (Premio Planeta 2009). Comeza así: "Siempre he envidiado a quienes sienten que tienen el control de sus vidas. A quienes pueden afirmar, llenos de satisfacción, que ellos mismos han ido construyendo su existencia, paso a paso, colocando los aciertos junto a los errores, depositándolos muy unidos, las buenas experiencias al lado de las malas, la felicidad sobre el dolor, como si levantasen una sólida fortaleza allá en lo alto de las rocas, inexpugnable y firme."
Só lin o primeiro capítulo e xa me gusta que estea escrito en primeira persoa. Tamén o xeito de repasar a súa vida de nena (aínda que non foi feliz). Cando o remate, xa vos contarei...
 (M.S.)

lunes, 19 de abril de 2010

Persépolis de Marjane Satrapi, Lectura para a próxima reunión


Persépolis está escrita y dibujada por Marjane Satrapi y fue publicada originalmente en Francia por la editoral independiente L'Association. El cómic está realizado en blanco y negro y consta de cuatro entregas, aparecidas en su país de origen entre noviembre de 2000 y septiembre de 2003 como álbumes de 76, 88, 96 y 104 páginas respectivamente, con un tamaño aproximado de 17x24 cm (más pequeños que el formato de álbum francobelga tradicional). Una vez finalizada, L'Association editó un volumen integral recopilando la obra completa. En España ha sido publicada por Norma Editorial en castellano y catalán.
Na biblioteca tedes os catro volumes separados e dous exemplares máis da obra integral.
DATA DA XUNTANZA PARA COMENTAR ESTE CÓMIC:
MARTES 18 DE MAIO