domingo, 30 de mayo de 2010

ESCOITAR POESÍA

Se hai un xénero literario que pide oralidade, ese é a poesía. Un poema recitado fai renacer a emoción que o seu creador ou creadora puxo na composición. Se ademais a voz que escoitamos é a do propio poeta lendo os seus versos, non é posible dicir: A poesía non me gusta.Poderase dicir: Este poema -ou poeta- non me gusta, pero nalgunha opción ten que estar o voso poema, ese que vos faga participar da emoción que o fixo nacer.
Dúas recomendacións: León Felipe (por pouco coñecido e inxustamente esquecido) e o entrañable e inesquecible Mario Benedetti.

¡FELIZ BUSCA EN   http://www.palabravirtual.com/ !

1 comentarios:

ansoutvi dijo...

Visitei esta páxina e escoitei un dos poemas.
Gustoume moito e paréceme unha páxina web moi interesante. Hai poemas de todo tipo, ata de fútbol, animádevos!!!

Publicar un comentario