sábado, 1 de mayo de 2010

Biblioteca Ánxel Casal, faite socio!

Ola a todos! Gustariame facervos unha recomendación. Se vos fascina ler e vos gusta coller libros prestados na biblioteca, a de Santiago de Compostela, é a perfecta. Trátase dunha biblioteca grande, onde poderedes atopar diversidade de libros e banda deseñada, así coma libros de consulta, enciclopedias... Se queredes, podedes ler nas diferentes plantas que conforman o edificio e, o mellor de todo e que podedes coller emprestados ata 5 libros!! O único que tendes que facer é ir á páxina da biblioteca e, seguindo as instruccións, facervos socios. Descubride máis acerca dela e de todo o que vos oferta. Eu xa son socia dende hai un tempo, por que non vos animades vós tamén?
Este é o link da páxina web:

1 comentarios:

Raíña Lupa dijo...

¡Moi boa recomendación! É un dos mellores espazos para ler en Santiago. Ademais as vistas que ofrecen as súas grandes ventás fan dobre o pracer da lectura cando se levantan os ollos da páxina.
Tamén teñen prensa internacional e revistas especializadas en temas moi diversos.

Publicar un comentario