viernes, 30 de abril de 2010

Magia de una noche de verano, de Maite Carranza


"Magia de una noche de verano" foi un dos libros que merquei nas pasadas Letras Galegas e gocei coa súa lectura. Foi escrito por Maite Carranza, da que xa vos falei. Gran parte da historia ten lugar en Irlanda, onde a protagonista está convivindo cunha familia, pois está participando nun Intercambio de verán. Non vos quero desvelar nada do libro, creo que é mellor que o descubrades vós mesmos. Aqueles ós que vos guste a fantasía, a maxia e a intriga, encantaravos.





Animádevos e lédeo!!

El Clan de la loba de Maite Carranza

"La Guerra de las Brujas" é unha saga de libros que escribiu unha escritora que se chama Carmen Carranza. A primeira parte é "El Clan de la loba" e é o único que lin ata agora. Este libro gustoume moito, así que recoméndovolo a todos vós.

"Desde tiempos inmemoriales, los clanes de las brujas Omar han vivido ocultándose de las sanguinarias brujas Odish, esperando la llegada de la elegida por la profecía. Ahora los astros confirman que el tiempo está próximo. Anaíd, que ha vivido durante 14 años en un pueblo de los Pirineos, desconoce los secretos que atañen a las mujeres de su familia..."

Non vou desvelar máis cousas do libro, se queres coñecer de cerca a Anaíd e o seu sgredo, anímate e le o libro. Gustarache!
Se queres coñecer os outros libros da saga, visita esta páxina, atoparás cousas sobre a escritora e sobre outros libros que escribiu. Esta web é moi orixinal e gustaravos, visitádea!

Agustín Fernández Paz


Vouvos falar de Agustín Fernández Paz, ao que xa coñecedes do ano pasado, cando lemos no club de lectura un dos seus libros. Trátase dun dos meus escritores galegos favoritos, pois os seus libros parécenme moi interesantes e gústame o xeito no que escribe. Algúns dos libros que lin son os seguintes, desta maneira, podo recomendárvolos e animarvos a que os leades. Cada un deles é totalmente diferente, algúns dos libros están formados por un conxunto de relatos relacionados entre si, coma o que lemos o curso pasado.
Se picades nos títulos dos libros, atoparedes máis información sobre eles:


Contos por palabras

Trece anos de Branca
Amor dos quince anos, Marilyn
Cartas de inverno
Aire negro
No corazón do bosque (foi o primeiro libro que lin deste escritor, merqueino no Día das Letras Galegas cando era máis pequena e gocei lendo e formando parte da propia historia).
Noite de voraces sombras
As flores radioactivas

A pesar de que todos os libros me gustaron, os meus prefiridos son Cartas de inverno, Noite de voraces sombras e Aire negro. Son libros que enganchan e que poden chegar a dar medo, un medo que te atrapa e que fai que non poidas deixar de ler por saber o que vai a pasar.

Hoxe, xa que vos quería falar deste escritor, atopei a súa páxina web, onde veredes os seus libros e atoparedes cousas interesantes do escritor. Se picades na súa obra, podedes ler de que tratan cada un dos seus libros. Hai moita información que vos pode interesar!! Pronto falareivos dos seus libros.


O link é este: http://www.filix.org/ranholas/agustin.html

Fina Casalderrey



Esta é Fina Casalderrey, a miña escritora galega preferida. O ano pasado tiven a sorte de coñecela nun concurso de relatos curtos, a onde foi a animarnos e falou con nós. Lin moitos libros dela e todos eles gustáronme por igual. Buscando información dela pola Internet descubrín que tiña unha páxina web, así podedes botarlle unha ollada aos libros que publicou ata o de agora. Eu recoméndovos estes, pois foron os que lin:



Sobrevives?
O misterio do cemiterio vello
Mutacións xenéticas (este libro encantoume, enganchei dende o comezo)
Lúas de nácara (trátase dun libro formado por un conxunto de relatos)

Asústate Merche!
A Pomba e o Degolado
Prohibido casar, papá!
Algúns dos seus libros foron traducidos ao castelán, asturiano, euskera, portugués, catalán e incluso ao brasileiro. A páxina podédela ler tanto en galego coma en castelán e ata tedes a oportunidade de enviarlle un correo e poñervos en contacto coa escritora (consultar dúbidas...).
Moitos dos libros dos que falei atoparédelos na biblioteca do centro, alí foi onde collín prestados moitos deles. Merece a pena lelos.

Rede social de recomendación literaria: Librofilia


Se vos apasiona o mundo dos libros "Librofilia" é perfecta para vós. Trátase dunha rede social de recomendación literararia onde podedes colgar fotos e comentarios de libros que vos gusten, facer críticas doutros, participar en foros e descubrir  os últimos libros no mercado. Tamén podedes darlle unha votación a cada libro. Podedes botarlle unha ollada:


Coñece a "El pie de Jaipur" de Javier Moro


Gustariame falarvos dun libro que me gustou moito e que lin o curso pasado. Estou a falar do libro "El pie de Jaipur" que me fixo meditar e pensar sobre temas que aparecen no libro e que están presentes na vida real. O que me gustou do libro, ademais de outras moitas cousas, foi que estivese baseado nun feito real, o que me fixo sentirme máis unida ao protagonista. Neste libro vese cómo un é capaz de superarse a si mesmo e que hai cousas boas na vida, cousas que te atan a vivir, a pesar de estar a sufrir e pasándoo mal. É un libro que todos deberían ler e daríanse conta do afortunados que son. Recoméndovos este libro e sen dúbida, gozaredes coa súa lectura. O escritor do libro é Javier Moro. Se queredes saber máis sobre el e os seus libros, o único que tendes que facer é acceder á súa páxina a través deste link:
Poderedes ler críticas do libro e saber máis sobre o seu argumento.

Visita a web de Laura Gallego García!


Ola a todos e a todas! Gustariame compartir con todos vós a páxina dunha das escritoras que máis me gusta: Laura Gallego García. Supoño que algúns de vós xa a coñecedes. Descubrín esta páxina hai moito tempo, así que os que queirades saber máis sobre a escritora e os seus libros, agora tedes a oportunidade de acceder á súa páxina. Alí atoparedes:

- Cales son os seus libros
- Libros que non publicou e podedes descargar
- Lugares aos que vai  ir e firmas de libros que fará
- Ver debuxos que rapaces e rapazas lle envían por correo e que amosan os personaxes aos que Laura lles deu vida.
- Acceder a concursos que ela organiza
- Incluso podedes saber cal é a súa dirección a mandarlle cartas!!
- A páxina está en diferentes linguas: español, alemán, francés e inglés.

... e moito máis!

Animádevos e visitádea!

Este é o link: http://lauragallego.com/

viernes, 23 de abril de 2010

Estamos de estrea!

Hoxe, Día do Libro, estreamos o blog do noso club de lectura. Non é que calquera día non sexa bo para falar da lectura ou de libros, pero o 23 de abril é unha data fácil de lembrar para todas as persoas que non imaxinamos unha boa vida sen ler.
Damos a benvida a todas e todos os que nos leades e desexamos que os nosos comentarios vos sirvan para aumentar a vosa afección á lectura.
Eu sempre celebro este día cun libro novo mercado para a ocasión. Este ano é "Contra el viento", de Ángeles Caso (Premio Planeta 2009). Comeza así: "Siempre he envidiado a quienes sienten que tienen el control de sus vidas. A quienes pueden afirmar, llenos de satisfacción, que ellos mismos han ido construyendo su existencia, paso a paso, colocando los aciertos junto a los errores, depositándolos muy unidos, las buenas experiencias al lado de las malas, la felicidad sobre el dolor, como si levantasen una sólida fortaleza allá en lo alto de las rocas, inexpugnable y firme."
Só lin o primeiro capítulo e xa me gusta que estea escrito en primeira persoa. Tamén o xeito de repasar a súa vida de nena (aínda que non foi feliz). Cando o remate, xa vos contarei...
 (M.S.)

lunes, 19 de abril de 2010

Persépolis de Marjane Satrapi, Lectura para a próxima reunión


Persépolis está escrita y dibujada por Marjane Satrapi y fue publicada originalmente en Francia por la editoral independiente L'Association. El cómic está realizado en blanco y negro y consta de cuatro entregas, aparecidas en su país de origen entre noviembre de 2000 y septiembre de 2003 como álbumes de 76, 88, 96 y 104 páginas respectivamente, con un tamaño aproximado de 17x24 cm (más pequeños que el formato de álbum francobelga tradicional). Una vez finalizada, L'Association editó un volumen integral recopilando la obra completa. En España ha sido publicada por Norma Editorial en castellano y catalán.
Na biblioteca tedes os catro volumes separados e dous exemplares máis da obra integral.
DATA DA XUNTANZA PARA COMENTAR ESTE CÓMIC:
MARTES 18 DE MAIO