viernes, 23 de abril de 2010

Estamos de estrea!

Hoxe, Día do Libro, estreamos o blog do noso club de lectura. Non é que calquera día non sexa bo para falar da lectura ou de libros, pero o 23 de abril é unha data fácil de lembrar para todas as persoas que non imaxinamos unha boa vida sen ler.
Damos a benvida a todas e todos os que nos leades e desexamos que os nosos comentarios vos sirvan para aumentar a vosa afección á lectura.
Eu sempre celebro este día cun libro novo mercado para a ocasión. Este ano é "Contra el viento", de Ángeles Caso (Premio Planeta 2009). Comeza así: "Siempre he envidiado a quienes sienten que tienen el control de sus vidas. A quienes pueden afirmar, llenos de satisfacción, que ellos mismos han ido construyendo su existencia, paso a paso, colocando los aciertos junto a los errores, depositándolos muy unidos, las buenas experiencias al lado de las malas, la felicidad sobre el dolor, como si levantasen una sólida fortaleza allá en lo alto de las rocas, inexpugnable y firme."
Só lin o primeiro capítulo e xa me gusta que estea escrito en primeira persoa. Tamén o xeito de repasar a súa vida de nena (aínda que non foi feliz). Cando o remate, xa vos contarei...
 (M.S.)

1 comentarios:

Ana S dijo...

No día do libro eu tamén merquei dous libros. Un deles é a oitava parte dunha colección de libros de aventuras e fantasía que me gusta moito: Ulysses Moore. Esta colección é dun escritor italiano que se chama Pierdomenico Baccalario e que vai a publicar dentro de pouco unha nova colección de libros. Tamén emprega como pseudónimo o nome de Ulysses Moore. O libro que merquei xa o lin e, a verdade, é que teño moitas ganas de ler o seguinte libro. Descubrín esta colección na bibliotea de Santiago de Compostela Ánxel Casal, onde poderedes atopar os seis primeiros libros. Tamén merquei o primeiro libro da colección "La Puerta Oscura" e encantoume. Varias amigas miñas xa o coñecían, así que animeime e xa estou desexando ler o segundo! Recoméndovos os dous libros!!

Publicar un comentario