sábado, 12 de junio de 2010

Proposta para o noso club de lectura


Ola a todos! Teño unha proposta para o noso club de lectura. Ademais de ler libros ou ver películas relacionadas con eles, creo que sería interesante levar a cabo algún outro tipo de actividades, por suposto, voluntarias. Estas son algunhas das cousas nas que pensei:

- Aqueles que queiran, poden facer debuxos de libros que leran e poden colgarse no tablón do club de lectura ou mesmo buscar outro lugar onde colgalos.

- Ter un tablón onde colgar recomendacións de libros, orientado tamén ó resto de alumnos do instituto. Por exemplo, podemos imprimir a portada dun libro e colgalo xunto co seu título ou incluso un pequeno resumo.

Que opindades vós? Creo que o poderiamos facer a comezos de curso, cando non teñamos exames.

2 comentarios:

Erica González Castro dijo...

Esas propostas parécenme moi ben, eu ofrézome como voluntaria.

Raíña Lupa dijo...

¡Encántame que xa esteades a pensar no vindeiro curso! As ideas de Ana son moi boas. Xa comentaremos como levalas a cabo.
De todos xeitos, quero recordarvos que aínda temos pendente neste curso ver a película de Persépolis (falaramos do lunes 21, pero concretaremos na próxima reunión).
(Mercedes)

Publicar un comentario