martes, 22 de junio de 2010
Ola amigos e amigas! O pasado luns, algúns membros do club de lectura reunímonos para ver a película "Persépolis" que está baseada na banda deseñada que lemos hai pouco.
Eu non lera todo o libro, polo que descubrín cousas novas sobre a protagonista, unha nena, que se converte en muller e que vive en primeira persoa unha inxusta e cruel guerra.
A película fíxome meditar sobre a situación da muller e da liberdade en Irán. Creo que somos moi afortunados por vivir no país que vivimos e, sobre todo, por ser libres. Na miña opinión, debemos valorar moito máis a nosa forma de vida, posto que moitas veces queixámonos por cousas que carecen de importancia, cando hai outros que non gozan do fundamental para vivir: a liberdade.
Este verán teño gañas de ler o libro "Persépolis" e, os que non víchedes a película, animádevos. Ademais, creo que a podedes atopar na biblioteca do centro. Non perdades a oportunidade!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario