jueves, 7 de mayo de 2015
Publicado por
Raíña Lupa
en
1:39
Etiquetas:
animación á lectura,
club de lectura,
La lección de August,
lecturas,
R. J. Palacio
A nosa próxima lectura é:
"La lección de August"
de R. J. Palacio
Nube de Tinta, 2014
Xuntarémonos para comentalo o martes 19 de maio de 15:15 a 16:00 h.
Sinopse:
«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino
distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a
cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é
obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A
guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque este ano vai ir,
por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da
súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: medrar
na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días cincentos e
saber que, ao final, sempre encontrará unha man amiga.
Dispoñemos na biblioteca escolar de varios exemplares da obra.
Dispoñemos na biblioteca escolar de varios exemplares da obra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario