jueves, 22 de mayo de 2014
Publicado por
Raíña Lupa
en
2:13
Etiquetas:
animación á lectura,
club de lectura,
Franz Kafka,
Kafka e a boneca viaxeira,
Kafka y la muñeca viajera
A nosa próxima lectura é:
"Kafka e a boneca viaxeira"="Kafka y la muñeca viajera"
de Jordi Sierra i Fabra
Galaxia, 2012 | Árbore
Siruela, 2013 | Las tres edades
Siruela, 2013 | Las tres edades
Teremos a reunión para comentalo o martes 17 de xuño.
Sinopse:
Un ano antes da súa morte, Franz Kafka viviu unha experiencia moi insólita. Paseando polo parque Steglitz, en Berlín, encontrou unha nena chorando desconsolada: perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, o autor de "A
metamorfose" inventou unha peculiar historia: a boneca non se perdera,
fórase de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta
que lle levaría ao día seguinte ao parque. Aquela noite Franz
escribiu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas,
entregou á nena puntualmente, narrando as peripecias da extraordinaria boneca dende todos os cantos do mundo. Segundo conta Dora Dymant, a súa compañeira naqueles días, o estado febril co que Kafka escribía esas cartas era comparable ao de calquera dos seus inmortais obras. Este é o relato daquela experiencia, na que Franz Kafka
foi un mago da palabra para unha nena descoñecida da que xamais volveu
saberse nada, como tampouco daquelas cartas que constitúen un dos
misterios máis fermosos da narrativa do século XX.
.
Fonte: Siruela
Dispoñemos na biblioteca de dous exemplares, un en galego e outro en castelán. Solicita o teu canto antes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario