lunes, 14 de marzo de 2011

Próxima lectura para o club

Como próximo libro de lectura para o club escollimos a obra:
"Ok, señor Foster" de Eliacer Cansino



Novela gañadora do IX Premio Alandar de Literatura Juvenil outorgado polo Grupo Luis Vives, narra as aventuras e desventuras do mozo Perico Mosca, un rapaz inquedo e esperto que vive co seu pai nun pobo pesqueiro de Huelva, Umbría. Unha novela agridoce na que o seu protagonista terá que superar as dificultades para descubrir toda un trama de misterios. 


O autor, Eliacer Cansino (Sevilla, 1954) é catedrático de Filosofía e exerce a docencia nun instituto de educación secundaria. As súas obras, para novos e adultos, foron recoñecidas con diversos galardóns e traducidas ao alemán, xaponés e coreano. Colaborador de prensa e revistas de literatura, participa habitualmente en seminarios sobre creación literaria e animación á lectura.

Fonte: Blog Pizca de Papel
Xuntarémonos para comentar este libro o martes 29 de marzo.

0 comentarios:

Publicar un comentario