lunes, 14 de marzo de 2011

Próxima lectura para o club

Como próximo libro de lectura para o club escollimos a obra:
"Ok, señor Foster" de Eliacer Cansino



Novela gañadora do IX Premio Alandar de Literatura Juvenil outorgado polo Grupo Luis Vives, narra as aventuras e desventuras do mozo Perico Mosca, un rapaz inquedo e esperto que vive co seu pai nun pobo pesqueiro de Huelva, Umbría. Unha novela agridoce na que o seu protagonista terá que superar as dificultades para descubrir toda un trama de misterios. 


O autor, Eliacer Cansino (Sevilla, 1954) é catedrático de Filosofía e exerce a docencia nun instituto de educación secundaria. As súas obras, para novos e adultos, foron recoñecidas con diversos galardóns e traducidas ao alemán, xaponés e coreano. Colaborador de prensa e revistas de literatura, participa habitualmente en seminarios sobre creación literaria e animación á lectura.

Fonte: Blog Pizca de Papel
Xuntarémonos para comentar este libro o martes 29 de marzo.

miércoles, 26 de enero de 2011

Reunión do Club o mércores 2 de febreiro

O mércores 2 de febreiro xuntarémonos de 4 a 6:30 da tarde para ver a película

El loco del pelo rojo = Lust for life (1956)
Dirigida por Vincente Minnelli y protagonizada por Kirk Douglas

miércoles, 12 de enero de 2011

Datas segunda reunión do Club de Lectura

A segunda reunión do club de lectura para comentar "O pintor do sombreiro de malvas" será o martes 18 de xaneiro de 3:15 a 4:15 na Biblioteca.