domingo, 17 de marzo de 2013

"Grandes esperanzas" chega ao cine

"Grandes esperanzas", novela do inglés Charles Dickens, conta cunha nova versión cinematográfica.
A película será estreada a finais do mes de marzo. Non vos esquezades de ir a vela!

 
Reportaxe no xornal La Voz de Galicia:

A Anna Karenina do século XXI chega aos cines

"Anna Karenina", a tan coñecida novela do autor ruso León Tólstoi chega aos cines.
 

 
 
Déixovos un enlace dunha reportaxe sobre a película que aparece no xornal La Voz de Galicia. Eu xa fun a ver "Anna Karenina" ao cine e a verdade é que me encantou. A fotografía é realmente impresionante, os decorados, a música, o son, a vestimenta e a forza de Anna Karenina, personaxe que encarna a actriz Keira Knightley.
 
 
Descubre como se fixo a película:
 

lunes, 25 de febrero de 2013

Próxima lectura do Club Raíña Lupa

A nosa próxima lectura é:

"O señor Ibrahim e as flores do Corán"

de Eric-Emmanuel Schmitt
Tradución: Emma Lázare Rodríguez
Ed. Faktoría K de libros, 2007 | Narrativa
Teremos a reunión para comentalo o martes 9 de abril