domingo, 24 de julio de 2011
¡Hola a todos! Me imagino que estaréis disfrutando al máximo del verano. Como ya sabéis, este año no voy a estar en el instituto, pero seguiré en contacto con vosotros a través de este blog. He creado un blog en el que escribiré mis vivencias en los Estados Unidos. Ya he escrito alguna que otra entrada, así que si queréis echarle un vistazo no lo dudéis y también podéis participar escribiendo algún comentario.
Este es el enlace de blog: http://frombriontocharlottesville.blogspot.com/
Este es el enlace de blog: http://frombriontocharlottesville.blogspot.com/
viernes, 17 de junio de 2011

Como o curso está a piques de rematar, gustariame dar a miña opinión acerca do noso club de lectura.
A verdade é que me gustaron moito tódolos libros que lemos ao longo do ano. Unha das cousas que máis me gusta do club de lectura é o feito de que vaiamos alternando libros en galego con libros en castelán e non só iso, tamén me parece unha moi boa idea ler todo tipo de libros.
Gustoume moitísimo o libro "O pintor do sombreiro de malvas". O xeito no que estaba escrito, a riqueza e variedad léxica, o carácter e psicoloxía do personaxes e sen dúbida, a relación entre o pintor e o seu xoven axudante foron das cousas que máis me fascinaron. Grazas a este libro puiden achegarme a un Van Gogh que descoñecía e comprender mellor o seu xeito de vela vida e de pintar.
Outro libro que tamén me agradou moito foi o derradeiro libro que lemos "Unha lectora fóra do común". Trátase dun libro completamente distinto a todos os que lera ata o momento, tanto pola forma na que está escrito, coma polos personaxes e o seu comportamento. Unha das partes que máis me gustou foi o final. Sen dúbida, pasei un moi bo rato lendo este libro e agora vexo con ollos moi distintos á súa peculiar protagonista, a raíña Isabel.
Tamén me pareceu moi interesante a saída que fixemos no mes de decembro, cando visitamos unha biblioteca en Santiago e cando fomos a Couceiro, onde aprendemos moitas cousas sobre a encadernación dos libros. Ademais, tivemos a sorte de coincidir cun gran ilustrador, Pepe Carreiro, que nos fixo varios debuxos.
Creo que sería unha boa idea que o club de lectura seguise en pé e que se continuasen levando a cabo saídas similares.

Ola a todos! Como seguro que xa rematáchedes tódolos exames e as vacacións están moi próximas, gustariame recomendarvos un libro para ler este verán.
Se vos gusta a fantasía e a aventura, Dragal será un libro co que desrutaredes ao máximo. Descubrín este libro cando estaba escoitando na radio unha entrevista que lle fixeron a Elena Gallego, a súa autora.
Se queredes ler un resumo do libro ou queredes atopar máis información sobre Elena Gallego, o único que tedes que facer e picar sobre a portada do libro.
Ah! Xa o esquecía, se vos gusta este libro, non dubidedes en ler a segunda parte. Unha terceira parte está a piques de ser publicada, así que animádevos e descubride o segredo de Dragal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)