lunes, 5 de diciembre de 2011
Para 1º da ESO Corredores de sombra | Para 2º, 3º, 4º e 1º de BacharelatoOllos de augade Domingo Villar Ed. Galaxia Data da reunión: 24 de xaneiro |
viernes, 14 de octubre de 2011
Publicado por
Raíña Lupa
en
4:31
Etiquetas:
Anne Frank,
club de lectura,
diarios,
lecturas
3
comentarios
O primeiro libro que imos ler é unha versión en novela gráfica do Diario de Ana Frank.
Tedes catro exemplares na Biblioteca que podedes coller de xeito organizado. Próximamente poñeremos a data de xuntanza para comentar a lectura.
Como complemento da lectura, podedes visitar a páxina oficial de Ana Frank na seguinte ligazón:
http://www.annefrank.org/es/

jueves, 13 de octubre de 2011
Ola a todos e todas!
O club de lectura comeza de novo! A todas as persoas que xa formabades parte del no curso anterior agradecémosvos que sigades con nós, e ás persoas que vos incorporades este curso dámosvos a benvida.
Unha lembranza moi especial para Ana Souto Villanustre, a nosa principal colaboradora do blog. Grazas, Ana, por seguir con nós na distancia. O teu blog é moi atractivo e interesante; xa vemos que estás a aproveitar a "experiencia americana". Imos botar de menos a túa presenza nas nosas xuntanzas, aínda que podes deixarnos neste blog os teus comentarios sempre que teñas tempo. Aquí saberás os libros que imos lendo e as datas nas que nos xuntaremos para os nosos coloquios. Gardámosche a "praza" para o vindeiro curso. ¡Moita sorte!

domingo, 24 de julio de 2011
¡Hola a todos! Me imagino que estaréis disfrutando al máximo del verano. Como ya sabéis, este año no voy a estar en el instituto, pero seguiré en contacto con vosotros a través de este blog. He creado un blog en el que escribiré mis vivencias en los Estados Unidos. Ya he escrito alguna que otra entrada, así que si queréis echarle un vistazo no lo dudéis y también podéis participar escribiendo algún comentario.
Este es el enlace de blog: http://frombriontocharlottesville.blogspot.com/
Este es el enlace de blog: http://frombriontocharlottesville.blogspot.com/
viernes, 17 de junio de 2011

Como o curso está a piques de rematar, gustariame dar a miña opinión acerca do noso club de lectura.
A verdade é que me gustaron moito tódolos libros que lemos ao longo do ano. Unha das cousas que máis me gusta do club de lectura é o feito de que vaiamos alternando libros en galego con libros en castelán e non só iso, tamén me parece unha moi boa idea ler todo tipo de libros.
Gustoume moitísimo o libro "O pintor do sombreiro de malvas". O xeito no que estaba escrito, a riqueza e variedad léxica, o carácter e psicoloxía do personaxes e sen dúbida, a relación entre o pintor e o seu xoven axudante foron das cousas que máis me fascinaron. Grazas a este libro puiden achegarme a un Van Gogh que descoñecía e comprender mellor o seu xeito de vela vida e de pintar.
Outro libro que tamén me agradou moito foi o derradeiro libro que lemos "Unha lectora fóra do común". Trátase dun libro completamente distinto a todos os que lera ata o momento, tanto pola forma na que está escrito, coma polos personaxes e o seu comportamento. Unha das partes que máis me gustou foi o final. Sen dúbida, pasei un moi bo rato lendo este libro e agora vexo con ollos moi distintos á súa peculiar protagonista, a raíña Isabel.
Tamén me pareceu moi interesante a saída que fixemos no mes de decembro, cando visitamos unha biblioteca en Santiago e cando fomos a Couceiro, onde aprendemos moitas cousas sobre a encadernación dos libros. Ademais, tivemos a sorte de coincidir cun gran ilustrador, Pepe Carreiro, que nos fixo varios debuxos.
Creo que sería unha boa idea que o club de lectura seguise en pé e que se continuasen levando a cabo saídas similares.

Ola a todos! Como seguro que xa rematáchedes tódolos exames e as vacacións están moi próximas, gustariame recomendarvos un libro para ler este verán.
Se vos gusta a fantasía e a aventura, Dragal será un libro co que desrutaredes ao máximo. Descubrín este libro cando estaba escoitando na radio unha entrevista que lle fixeron a Elena Gallego, a súa autora.
Se queredes ler un resumo do libro ou queredes atopar máis información sobre Elena Gallego, o único que tedes que facer e picar sobre a portada do libro.
Ah! Xa o esquecía, se vos gusta este libro, non dubidedes en ler a segunda parte. Unha terceira parte está a piques de ser publicada, así que animádevos e descubride o segredo de Dragal.
jueves, 12 de mayo de 2011
Publicado por
Raíña Lupa
en
1:27
Etiquetas:
escritura
micro relatosconcursos literarioscración literaria
0
comentarios

viernes, 15 de abril de 2011
A partir do 10 de maio comezamos unha nova lectura no Club.
Unha lectora fóra do común de Alan Bennett
Tradución de Moisés Rodríguez Barcia
Ed. Rinoceronte
2010 | Narrativa
Ed. Rinoceronte
2010 | Narrativa
lunes, 14 de marzo de 2011
Como próximo libro de lectura para o club escollimos a obra:
"Ok, señor Foster" de Eliacer Cansino
Novela gañadora do IX Premio Alandar de Literatura Juvenil outorgado polo Grupo Luis Vives, narra as aventuras e desventuras do mozo Perico Mosca, un rapaz inquedo e esperto que vive co seu pai nun pobo pesqueiro de Huelva, Umbría. Unha novela agridoce na que o seu protagonista terá que superar as dificultades para descubrir toda un trama de misterios.
O autor, Eliacer Cansino (Sevilla, 1954) é catedrático de Filosofía e exerce a docencia nun instituto de educación secundaria. As súas obras, para novos e adultos, foron recoñecidas con diversos galardóns e traducidas ao alemán, xaponés e coreano. Colaborador de prensa e revistas de literatura, participa habitualmente en seminarios sobre creación literaria e animación á lectura.
Fonte: Blog Pizca de Papel
Xuntarémonos para comentar este libro o martes 29 de marzo.

miércoles, 26 de enero de 2011
O mércores 2 de febreiro xuntarémonos de 4 a 6:30 da tarde para ver a película
El loco del pelo rojo = Lust for life (1956)
El loco del pelo rojo = Lust for life (1956)
Dirigida por Vincente Minnelli y protagonizada por Kirk Douglas
miércoles, 12 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)