jueves, 7 de mayo de 2015

"La lección de August" de R. J. Palacio, vindeira lectura do club

A nosa próxima lectura é:

"La lección de August"

de R. J. Palacio
Nube de Tinta, 2014

Xuntarémonos para comentalo o martes 19 de maio de 15:15 a 16:00 h.



Sinopse:

«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: medrar na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días cincentos e saber que, ao final, sempre encontrará unha man amiga.



Dispoñemos na biblioteca escolar de varios exemplares da obra.

0 comentarios:

Publicar un comentario