jueves, 2 de octubre de 2014

Vindeira lectura do club: "Palabras de auga" de Marcos Calveiro

A nosa próxima lectura é:

"Palabras de auga"

de Marcos Calveiro
Xerais 2012 | Merlín

Teremos a reunión para comentalo o martes 4 de novembro, de 15:15 a 16:00 h.


Sinopse:

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

Fonte: Xerais

Axiña disporemos na biblioteca escolar dalgún exemplar da obra.


1 comentarios:

Raíña Lupa dijo...

Estivo moi interesante o coloquio. Para completar a visión do tema de fondo aquí tedes dous enlaces nos que se ofrece un reportaxe e un documental respectivamente:
1. Sangre en nuestros móviles
http://davidvalpalao.blogspot.com.es/2011/01/sangre-en-nuestros-moviles-el-conflicto.html
2. Coltán: Comercio Sangriento ~ Sangre en Nuestra Tecnología http://www.youtube.com/watch?v=nesgMTgawlA

Publicar un comentario