lunes, 22 de abril de 2013

Concurso de relato breve 2013


header


 

Gústache escribir? Imaxinaches algunha historia que queres plasmar no papel? Dende a biblioteca do centro organízase un concurso de relato breve dirixido a alumnos e alumnas do centro. Hai varios premios para os gañadores e a publicación dos relatos premiados na revista dixital do centro está asegurada.
Si estás interesado, sigue lendo as bases de participación despois do salto...


 BASES

1. Pode participar todo o alumnado matriculado no centro durante o curso 2012-2013.
2. Os traballos consistirán nun relato breve en galego ou castelán cuxo contido teña relación co tema anual no centro: a auga. A extensión máxima será dun folio DIN A4 a interliñado dobre, con letra Arial de tamaño 12.
3. Os traballos presentaranse con pseudónimo nun sobre indicando o curso. En sobre a parte -pechado- escribirase no exterior o mesmo pseudónimo e no interior constará o nome da autora ou autor e o curso ao que pertence.
4. O prazo de presentación dos traballos remata o 16 de maio de 2013. Podedes entregarllos a Armando na Biblioteca en calquera dos dous recreos.
5. O xurado estará composto polos membros do equipo da biblioteca e alumnado do club de lectura (sempre que non participe no concurso).
6. Haberá dous niveis coa mesma dotación nos premios:

1º Ciclo da ESO
1º PREMIO= Vale de 40 € para gastar nunha librería.
2º PREMIO= Vale de 20 € para gastar nunha librería.

2º Ciclo da ESO e BACHARELATO
1º PREMIO= Vale de 40 € para gastar nunha librería.
2º PREMIO= Vale de 20 € para gastar nunha librería.

7. O primeiro premio poderase conceder ex aequo, repartindo a dotación entre eles.
8. A entrega dos premios terá lugar o 5 de xuño. Os participantes serán convocados para un dos recreos na Biblioteca.
9. Os traballos premiados serán publicados na revista dixital do centro.
10. O feito de participar neste concurso implica a aceptación de todas as bases. Podedes consultar calquera dúbida sobre as bases co equipo de Biblioteca (Mercedes, Xavier L.Tomé e Esther).

0 comentarios:

Publicar un comentario