sábado, 9 de febrero de 2013

EL COCHE DE INTISAR, novela gráfica

Ola amigas e amigos! Aproveitando a mañá do sábado, lin unha novela gráfica que se titula "O coche de Intisar" e que collín na biblioteca do centro. A súa protagonista chámase Intisar e é unha moza de Yemen que traballa como anestesista nun hospital. Esta apaixoante moza permítenos coñecer máis de cerca a realidade das mulleres nun país feito por e para os homes. Ao final da novela, o autor achega máis información sobre Yemen, país no que residiu xunto coa súa muller durante un ano.

 
Ao final do Entroido devolverei o libro, así que se vos apetece coñecer a Intisar, achegádevos á biblioteca!
 
 
 
 
Aquí podedes atopar máis información sobre a novela e os seus creadores
 
 
 

0 comentarios:

Publicar un comentario