viernes, 17 de junio de 2011

A miña opinión sobre o noso club de lectura



Como o curso está a piques de rematar, gustariame dar a miña opinión acerca do noso club de lectura.


A verdade é que me gustaron moito tódolos libros que lemos ao longo do ano. Unha das cousas que máis me gusta do club de lectura é o feito de que vaiamos alternando libros en galego con libros en castelán e non só iso, tamén me parece unha moi boa idea ler todo tipo de libros.


Gustoume moitísimo o libro "O pintor do sombreiro de malvas". O xeito no que estaba escrito, a riqueza e variedad léxica, o carácter e psicoloxía do personaxes e sen dúbida, a relación entre o pintor e o seu xoven axudante foron das cousas que máis me fascinaron. Grazas a este libro puiden achegarme a un Van Gogh que descoñecía e comprender mellor o seu xeito de vela vida e de pintar.


Outro libro que tamén me agradou moito foi o derradeiro libro que lemos "Unha lectora fóra do común". Trátase dun libro completamente distinto a todos os que lera ata o momento, tanto pola forma na que está escrito, coma polos personaxes e o seu comportamento. Unha das partes que máis me gustou foi o final. Sen dúbida, pasei un moi bo rato lendo este libro e agora vexo con ollos moi distintos á súa peculiar protagonista, a raíña Isabel.


Tamén me pareceu moi interesante a saída que fixemos no mes de decembro, cando visitamos unha biblioteca en Santiago e cando fomos a Couceiro, onde aprendemos moitas cousas sobre a encadernación dos libros. Ademais, tivemos a sorte de coincidir cun gran ilustrador, Pepe Carreiro, que nos fixo varios debuxos.


Creo que sería unha boa idea que o club de lectura seguise en pé e que se continuasen levando a cabo saídas similares.

1 comentarios:

Raíña Lupa dijo...

Grazas, Ana. Moito te imos botar de menos no club o vindeiro curso. Esperamos que sigas en contacto con nós neste blog e agardaremos a túa volta con ilusión. ¡Moita sorte na túa nova experiencia!

Publicar un comentario