jueves, 12 de mayo de 2011

Concurso de micro relatos: anímate a participar!

Imaxe cabeceira



Se che gusta a lectura e tamén escribir as túas propias historias, esta é a oportunidade que estabas esperando. Por segundo ano, convidámoste a participar nun concurso de micro relatos para grandes creadores. As bases de participación poderás consultalas a continuación...


1. Pode participar todo o alumnado matriculado no centro durante o curso 2010-2011.

2. Os traballos consistirán nun microrrelato en galego ou castelán cuxa temática ou espazo sexa o bosque. A
extensión máxima será de 20 liñas a interliñado dobre en folio DIN A4.

3. Os traballos presentaranse con pseudónimo. En sobre a parte -pechado- escribirase no exterior o mesmo pseudónimo e no interior constará o nome do autor ou autora e o curso ao que pertence.

4. O prazo de presentación dos traballos remata o 25 de maio de 2011. Podedes entregarllos a Armando na Biblioteca en calquera dos dous recreos.

5. O xurado estará composto polos membros do equipo da biblioteca, profesorado voluntario e alumnado do club de lectura (sempre que non participe no concurso).

6. Haberá dous niveis coa mesma dotación nos premios:

1º Ciclo da ESO
     
    1º PREMIO= Vale de 50 € para gastar en libros ou material audiovisual.     
    2º PREMIO= Vale de 30 € para gastar en libros ou material audiovisual.

2º Ciclo da ESO e BACHARELATO

     
    1º PREMIO= Vale de 50 € para gastar en libros ou material audiovisual.    
    2º PREMIO= Vale de 30 € para gastar en libros ou material audiovisual.

7. Se hai dous traballos da mesma calidade poderanse conceder os premios ex aequo, repartindo a dotación entre eles.

8. A entrega dos premios terá lugar o 3 de xuño. Os participantes serán convocados para un dos recreos na
aula de usos múltiples.

9. Os traballos premiados serán publicados na revista dixital do centro.

10. O feito de participar neste concurso implica a aceptación de todas as bases.

Podedes consultar calquera dúbida con María Tilve (coordinadora da Biblioteca) ou Mercedes Souto (coordinadora do Club de Lectura)

0 comentarios:

Publicar un comentario